Batalla do lago Poyang

Un barco louchan como os utilizados nesta batalla.

A batalla do lago Poyang foi un conflito naval que tivo lugar entre o 30 de agosto e o 4 de outubro de 1363 entre as forzas da dinastía Ming: Zhu Yuanzhang e as do xeneral rebelde Chen Youliang, fundador do estado de Chen Han. Forma parte do conflito coñecido como o levantamento do turbante vermello que conduciu ao final da dinastía Yuan.

Xa dende mediados do século XIV a dinastía Yuan, establecida polo clan mongol Borjigin, estaba xa apunto de colapsar. Sempre fora considerada coma unha dinastía imposta pola forza por invasores estranxeiros e, polo tanto, ilexítima, e varios grupos de bandas campesiñas rebeldes oraganizáronse para borrala permanenentemente do solo chinés. En particular, dúas destas forzas rebeldes armadas creceron o suficiente como para ter a esperanza de tomar o control da China e fundar unha nova dinastía, converténdose por esta razón en rivais: o exército do xeneral rebelde Chen Youliang, fundador do estado de Chen Han, e o do xeneral Zhu Yuanzhang, o futuro fundador da dinastía Ming. Co esboroamento cada vez máis rápido da dominación da dinastía Yuan, o choque entre os dous exércitos era inevitable. Para decidir cal deles debería obter a supremacía, os dous xenerais elixiron como campo de batalla o Lago Poyang, que está fronte á cidade de Nanchang, que se converteu na capital do territorio controlado por Zhu Yuanzhang. A cidade era un nodo estratexico vital para o control da rexión de Jiangxi.[1]

Na mañá do 20 de agosto de 1363, a frota de Chen Han, despois de remontar o río Yangtze, chegou as ribeiras do lago Poyang para asediar as murallas da cidade, utilizando maxestosos barcos de asedio ou barcos de torre (ou louchan en idioma chinés). Estes barcos eran verdadeiras fortalezas flotantes, embarcacións realmente impresionantes de tres cubertas equipadas cunha popa moi alta, torres de ferro e trabucos, moi capaces como barcos de transporte propulsados tanto por remos coma por vela. Debido á súa tonelaxe e altura, este tipo de barcos eran particularmente efectivos coma instrumentos de asedio, mais tamén difíciles de manobrar e extremadamente lentos.[2]

  1. R.G. Grant, Battle at Sea: 3000 years of naval warfare, Dorling Kindersley Ltd, 2010, p. 57
  2. Kuei-Sheng Chang, The Maritime Scene in China at the Dawn of Great European Discoveries, in Journal of the American Oriental Society, Vol. 94, n.3, 1974, pp. 347 - 350

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy